O proxecto “Nutriescolas” forma parte da estratexia educativa do Plan de acción para a prevención do sobrepeso e a obesidade (Plan Obesidade Zero en Galicia 2022-2230) da Dirección Xeral de Saúde Pública. Ten como obxectivo traballar as dimensións da alimentación, integral e transversalmente, e respondendo á necesidade de que o alumnado adquira e consolide hábitos alimentarios adecuados para facer eleccións saudables no futuro.